Thursday 16 de May de 2024

Instaladas as varandas de protección nas inmediacións da piscina do Muíño


Aumenta a seguridade peonil nun tramo que supera os 50 metros, e no que existe un gran desnivel A Deputación concedeu unha subvención de 5000 €

As inmediacións da piscina municipal O Muíño, no Campo da Feira, presenta un aspecto renovado grazas á colocación das varandas de protección na súa parte frontal. Unha medida que aumenta a seguridade peonil e mellora as condicións do mobiliario urbano ao longo dun tramo que supera os 50 metros de lonxitude.
“Unha intervención moi necesaria xa que falamos dunha zona muy transitada ao tratarse dunha das áreas de maior actividade da vila, e para a que a Deputación da Coruña concedeu unha subvención de 5.000 €”, explica o alcalde de Ordes. Hai que destacar que aquí se sitúan un bo número de locais hostaleiros e de ocio nocturno, así como as instalacións deportivas antes citadas. Ademais trátase dun dos puntos de máis concurrencia os mércores, xornada na que ten lugar o mercado semanal.
José Luis Martínez Sanjurjo apunta á satisfacción de ver rematada esta obra, que califica de “prioritaria ao existir un desnivel que nalgúns puntos acada os 90 centímetros de altura, o que aumentaba o risco de consecuencias graves no caso de que acontecese un accidente”.